domingo, 24 de mayo de 2015

ROBOTS

Na programación de CC Naturais  tratamos de introducir aos alumnos no apasionante mundo da robótica, da electrónica, a mecánica ...
Darío é un alumno de 3º de EP que ten ben aprendido o tema das máquinas e animouse a traballar con elas facendo  robots autónomos movidos por energía solar, limpia e inesgotable.

Tamén montou unha moto eco,propulsada por auga salgada que despois de  ser activada  pode funcionar 3 horas.

Él e os seus compañeiros sinten curiosidade  polo entorno, interese por coñecer cómo funcionan as cousas,ademáis de pensamento creativo e constructivo. 
               
   Noraboa ,por  experimentar e valorar as ventaxas destas enerxías alternativas e manter unha conciencia ecolóxica.