Na programación de CC Naturais tratamos de introducir aos alumnos no apasionante mundo da robótica, da electrónica, a mecánica ...
Darío é un alumno de 3º de EP que ten ben aprendido o tema das máquinas e animouse a traballar con elas facendo robots autónomos movidos por energía solar, limpia e inesgotable.
Tamén montou unha moto eco,propulsada por auga salgada que despois de ser activada pode funcionar 3 horas.
Él e os seus compañeiros sinten curiosidade polo entorno, interese por coñecer cómo funcionan as cousas,ademáis de pensamento creativo e constructivo.
Noraboa ,por experimentar e valorar as ventaxas destas enerxías alternativas e manter unha conciencia ecolóxica.